viernes, 20 de febrero de 2009

SANTIAGO CIDADE




Santiago de Compostela, Cidade Patrimonio da Humanidade e capital espiritual e administrativa de Galiza, conserva dese hai séculos una variada fisionomía, produto do paso do tempo nas súas igrexas e edificios, nas súas rúas e prazas e tamén nos seus hábitos de vida. 

Con anterioridade ao século IX, a cidade de Santiago no existe como tal. Sen embargo, as escavacións arqueolóxicas demostraron que no lugar que hoxe ocupa a cidade histórica, tamén se asentaba na antigüidade unha vila romana que puido alcanzar unha certa importancia e que persistiu até o século VII. Xunto ao recinto amurallado da civitas romana levantouse, no século I, o mausoleo pagán que máis adiante daría orixe á catedral. No hai dúbida de que nese mesmo século, nese mausoleo recibiron sepultura tres mártires cristiáns, nin do prolongado culto en torno ao sepulcro, tal como testemuña o cemiterio cristián circundante que se utilizou até o século VII.

Nos primeiros anos do século IX o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, examina o mausoleo que recoñece como o do Apóstolo Santiago, baseándose na tradición oral que sostén que Santiago predicou no finis terrae hispano e que sufriu martirio despois do seu regreso a Palestina. Os discípulos Atanasio e Teodoro trouxeron o seu corpo decapitado, desembarcaron en Iria Flavia, e trasladárono até o monte Libredón. Alí foi onde o enterraron nunha arca de pedra, segundo di a lenda.

O rei Afonso II trasladouse dende Oviedo con toda a súa corte e recoñeceu a existencia do sepulcro do Apóstolo Santiago, declarouno santo patrón do reino e converteu o lugar no centro dun culto capaz de aglutinar a cristiandade de Occidente fronte á expansión musulmá. A fundación da cidade dátase no ano 830. Tamén se constrúe a primeira igrexa de Santiago, un pequeno templo que acollía o mausoleo de época romana.

A peregrinación a Compostela adquiriu xa desde a fundación da cidade unha grande importancia. Santiago converterase no foco espiritual da Europa occidental e en receptora de diversas correntes de cultura, pero tamén de tesouros que enriquecen o santuario.

Un feito histórico decisivo para a cidade de Santiago foi a constitución en 1981 da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa designación como sede da Xunta de Galicia e das institucións autonómicas, converténdose na capital política e administrativa de Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario